III CITA

Feteagal celebra o seu terceiro ciclo e consolídase como referente do sector

A III Cita, na súa terceira edición, volveu a demostrar a súa relevancia e calidade, consolidándose como un evento imprescindible na escea cultural. Ao longo desta edición, o público puido gozar dunha programación variada, con propostas innovadoras e representacións de gran nivel artístico, reafirmando o compromiso da organización coa excelencia teatral, que xunto co entusiasmo das compañías involucradas reflicten o impacto positivo deste certame, que segue fortalecendo o tecido cultural e fomentando o talento escénico.

III Ciclo Teatro Amador Feteagal, Galicia
Ciclo Teatro Amador Feteagal

II CITA

Feteagal impulsa o segundo ciclo de teatro afeccionado

O Porriño acolle o II Ciclo de teatro amador Feteagal, organizado polo Concello e a Federación Teatral Afeccionada de Galicia en colaboración con Escena Amateur, con varias representacións programadas entre agosto e outubro nas que se poderá disfrutar de varios grupos galegos e de ámbito nacional.

I CITA

Para nós é un enorme pracer presentarvos este gran proxecto

FeteaGal pon en marcha este gran proxecto apostando polo teatro amador de calidade. En apenas un ano de existencia podemos sacar adiante este ciclo pero isto non sería posible sen a colaboración do Concello de Palas de Rei, o grupo Metátese, a Confederación Escenamateur e a todos os participantes do ciclo.

I Cita