Quen somos

FETEAGAL nace no 2020, cando sete Asociacións de teatro afeccionado se decataron de que xuntos acadarían unha entidade forte, unida e que loitase polos seus dereitos a nivel galego. FETEAGAL pretende ser un punto de encontro do teatro afeccionado do noso país, onde os grupos de teatro se xunten para alzar a voz e darlle visibilidade a unha modalidade artística que demanda a poboación e que tan descoidada e maltratada está. Loitamos por un teatro amador forte, igualitario e unido.

Porque dende FETEAGAL queremos potenciar o teatro afeccionado, darlles espazo a todos os grupos, axudar a difundir as súas creacións, realizar festiváis, certames, simposios, intercambios… en definitiva, loitar pola nosa paixón.

Dende aquí convidámosvos a que nos coñezades e que vos poñades en contacto con nós para o que precisedes. Porque xuntos seremos máis fortes!

Estatutos

Regulamento