Iª XORNADAS FORMATIVAS FETEAGAL

Nesta primeira edición contamos con uns formadores de categoría como Mariana Carballal, Afonso Becerra, Miguel Canalejo e Rosa Puga Davila

O teatro amador demanda formación e dende FeteaGal queríamos ofertar a mellor formación posible para os nosos socios e tamén para todos aqueles que o desexaran, estivesen ou non na federación. En definitiva, unha formación completamente aberta. Este ambicioso proxecto levouse a cabo do 14 ao 17 de Abril na provincia de Ourense e completáronse as 50 prazas que se ofertaban. Con formadores de altísimo nivel como Miguel Canalejo, Afonso Becerra, Rosa Puga ou Mariana Carballal os alumnos aprenderon moitísimo, actividade que se complementaron con diferentes rutas turísticas para coñecer Ourense.