13 Socios
Actualmente FeteaGal conta con 13 socios repartidos entre todas as provincias galegas con gran variedade de grupos. Algúns con traxectorias moi longas e outros de recente creación pero unidos sempre polo seu amor ao teatro. A nosa federación aglutina a unhas 250 persoas de toda Galicia que participan dun xeito ou doutro dentro dos seus respectivos grupos.

ALLEGRO TEATRO
Allegro Teatro nace en Vigo en Abril do 2013. A súa primeira montaxe foi “Ñaque o de piojos y actores”. Coa segunda obra: “Año 0 Antes de Cristo” están a actuar por escenarios de todala Península e Portugal. Levan xa 32 Certámenes e Festivais de teatro, e varios premios a mellor actor, ou premios do público, ou premios de mellor obra de Certamen. Xa están preparando una nova montaxe.

CARDUME TEATRO
A Asociación Cultural Cardume fundouse na Coruña a finais do ano 2015 por Matilde Blanco creando o grupo de teatro amador CARDUME. Os seus espectáculos musicais e teatrais ata o presente foron: “La divertida historia de la Zarzuela “ e “Ópera 4.0 “ para a divulgación da música clásica entre o público infanti e xuvenil; “Licor de Saúco”; “Entre Bambolinas”; “Ai, Mama Inés”; “La Tía Anita y su Fantasma” e “O Galego, a Mulata e o Negro”.

COLES
Obradoiro Teatro de Coles crease en outubro de 2016. Actualmente con 20 integrantes entre 10 e 82 anos. Estrearonse 11 obras sempre con música en directo. As 9 primeiras son creación propia: A Carretilla, Revolta no Portal, Pobo falso e crúel, Vida tralo ictus, Aurora boreal, Tía Rosita, Outro conto no millo, PepaLoba, Romántico Románico, Loteria do Nadal, Unha voda insospeitada, A illa marela e Arsénico de mesa.

DELATOUTE PRODUCCIONES
A finais do ano 2008 en Ourense, nace Delatoute co propósito de facer proxectos audiovisuais e teatrais de creación propia. Os nosos últimos traballos máis importantes son: Curtametraxe “Lo que pasa al encenderse”, Teatro “Princesas con cuento” e “Mi Gran Mansión”, Performance “Invasión Zombie en Ourense” e “A Noite da Santa Compaña”.

DENIGRANTES COMEDIANTES
DE NIGRÁN
Denigrantes Comediantes é un grupo amador de teatro situado en Nigrán, creado en 2022 e autoxestionado, o que lles permite unha liberdade creativa absoluta en cada proposta. Está dirixido por Ferran Botifoll e Marien Breis, experimentados actores e profesores de teatro. Desde a Escola Municipal de Teatro de Nigrán, onde foron docentes, xurdiu a idea de crear este grupo de teatro, que bautizaron como Denigrantes Comediantes en homenaxe a unha antiga compañía teatral da localidade que levaba o mesmo nome.
DOS MARTÍN TEATRO
Hai uns anos, unha parella de amigos decidiron levar a súa afección un pouco máis aló e crear a súa propia compañía. Nacía así Dous Martín Teatro, unha compañía sen ánimo de lucro constituída para a promoción do teatro amador e a actividade cultural dentro da provincia da Coruña. Sempre se expuxeron novos horizontes e novas propostas escénicas que tentaron achegar ao tecido teatral coruñés, a orixinalidade e a calidade propia.

ESTETA
A Escola de Teatro de Taboadela (Asociación Cultural Esteta) nace en setembro do ano 2020 como o desexo dun pequeno grupo de amigos de Taboadela de crear un espazo cultural e aberto dentro do Concello. Un lugar onde se puidese aprender teatro e desfrutar sobre as táboas. En apenas dous anos xa realizamos varias montaxes e percorremos Galicia (e máis aló) mostrando as nosas creacións.

METÁTESE
Nace en decembro de 1992 como colectivo cultural que persegue achegar o teatro contemporáneo a todos os públicos; mostrar unha concepción do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, sentimento, lírica… Ao longo deste tempo escenificou obras de teatro en toda a península e en países como Xapón, Rusia, Cuba, Francia, Italia, Arxentina, Perú, Guatemala…; leva a cabo eventos como Son d’aldea; Son de muller; a Mostra de Teatro Internacional de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago…

NOITE BOHEMIA
Fundada en 2008, en A Coruña la Cía de Teatro Noite Bohemia es un referente nacional en lo que se refiere a teatro Clásico, tanto grecolatino como de siglo de oro Español. Ganadora en varias ocasiones del premio nacional de teatro clásico o los Premios Escenamateur “Juan Mayorga” es ahora mismo una de las canteras de nuevos talentos actorales gallegos.

O CATRE TEATRO
Comenzou o seu camiño no ano 1996, como parte da A. C. Alende de As Pontes. No inicio foi dirixida por Jose Luis Prieto Roca, gañador de dous premios Max e varios María Casares, con quen fixemos obras de creación propia, ou do propio JL Prieto. Con Pepablo Patinho (Teatro dos Ghazafellos), descubrimos o teatro de rúa e o circo, embarcándonos no teatro infantil. Dirixidos por Agustín Bolaños na actualidade, sumerxeunos no teatro de xesto e movemento, pero cheas de luz, cor e sentimento.

ORETEIRO
O noso grupo botou a andar alá polo 2007 dentro da AAVV DO BARBAÑA co nome de BARBAÑÁ. No 2016 constituímonos en Asociación Independente , sen ánimo de lucro e mudamos o nome a ORETEIRO (“rio” en barallete). Empezamos facendo teatro costumbrista de gargallada fácil, agora temos evolucionado cara outro tipo de cousas. Dende fai unhas cantas obras tentamos de, sen deixar de lado o entretemento, facer un teatro mais comprometido. Gústanos achegar o teatro, a risa e a cultura a aqueles lugares de difícil acceso e disfrutamos un montón.

SOLO TEATRO
Solo Teatro nace no ano 2013 tras a proposta de Fernando Gabelo (†) de crear unha obra, Solo, que se converteu en todo un éxito na cidade de Ourense e lle deu nome ao grupo. A partir dese momento comezaron unha xira que os levou ata Newark, (EEUU) e percorreron numerosas zonas de toda Galicia. A característica principal era a xuventude dos seus artistas, feito polo cal gañaron en varias ocasións os premios Xuventude Crea na modalidade de teatro.

The-sastre
THE-SASTRE nace no ano 1995 como proxecto integrador tomando ás artes escénicas nas que buscamos crear unha construción global do propio autoconcepto obedecendo ao conxunto de percepcións, conceptos e imaxes que cada un ten de si mesmo. Constitúese como formación de teatro Amateur para lanzar ás súas producións a nivel global, deixando a súa Escola de Teatro “Caixadesastre” coma escola de introdución ás artes escénicas.