15 Socios

Actualmente FeteaGal conta con 15 socios repartidos entre todas as provincias galegas con gran variedade de grupos. Algúns con traxectorias moi longas e outros de recente creación pero unidos sempre polo seu amor ao teatro. A nosa federación aglutina a unhas 250 persoas de toda Galicia que participan dun xeito ou doutro dentro dos seus respectivos grupos.

Allegro Teatro
ALLEGRO TEATRO

Allegro Teatro nace en Vigo en Abril do 2013. A súa primeira montaxe foi “Ñaque o de piojos y actores”. Coa segunda obra: “Año 0 Antes de Cristo” están a actuar por escenarios de todala Península e Portugal. Levan xa 32 Certámenes e Festivais de teatro, e varios premios a mellor actor, ou premios do público, ou premios de mellor obra de Certamen. Xa están preparando una nova montaxe.

Grupo de teatro Ave Fenix
AVE FÉNIX

El grupo AVE FÉNIX de la Casa de Castilla la Mancha de La Coruña arranca su singladura en 2016. En la actualidad cuenta con 22 miembros y casi todos sus componentes pertenecen a la tercera edad. Desde su creación, todos los años [excepto el parón por el COVID] monta una o dos obras, siempre adaptándolas a las características específicas de sus miembros.

Cardume Teatro
CARDUME TEATRO

A Asociación Cultural Cardume fundouse na Coruña a finais do ano 2015 por Matilde Blanco creando o grupo de teatro amador CARDUME. Os seus espectáculos musicais e teatrais ata o presente foron: “La divertida historia de la Zarzuela “ e “Ópera 4.0 “ para a divulgación da música clásica entre o público infanti e xuvenil; “Licor de Saúco”; “Entre Bambolinas”; “Ai, Mama Inés”; “La Tía Anita y su Fantasma” e “O Galego, a Mulata e o Negro”.

Coles Teatro
COLES

Obradoiro Teatro de Coles crease en outubro de 2016. Actualmente con 20 integrantes entre 10 e 82 anos. Estrearonse 11 obras sempre con música en directo. As 9 primeiras son creación propia: A Carretilla, Revolta no Portal, Pobo falso e crúel, Vida tralo ictus, Aurora boreal, Tía Rosita, Outro conto no millo, PepaLoba, Romántico Románico, Loteria do Nadal, Unha voda insospeitada, A illa marela e Arsénico de mesa.

Deimos Teatro
DEIMOS TEATRO

Deimos Teatro naceu en 2017 do soño de Pedro e Laura por crear un espazo propio para as artes escénicas. O que empezou como unha aventura xuvenil é hoxe unha compañía estable unida pola amizade e a paixón. Cun estilo fresco e realista, apostamos polo repertorio moderno e unha visión persoal que une emoción, tensión e humor. Con montaxes como “A soga” ou “O show de Cindy”, buscamos que o teatro para adultos sexa unha experiencia próxima, viva e disfrutable. O lugar ideal para gozar.

Delatoute Producciones
DELATOUTE PRODUCCIONES

A finais do ano 2008 en Ourense, nace Delatoute co propósito de facer proxectos audiovisuais e teatrais de creación propia. Os nosos últimos traballos máis importantes son: Curtametraxe “Lo que pasa al encenderse”, Teatro “Princesas con cuento” e “Mi Gran Mansión”, Performance “Invasión Zombie en Ourense” e “A Noite da Santa Compaña”.

DenigrantesComediantesLogo
DENIGRANTES COMEDIANTES
DE NIGRÁN

Denigrantes Comediantes é un grupo amador de teatro de Nigrán, creado en 2022 e autoxestionado, o que lles permite unha liberdade creativa absoluta en cada proposta. Está dirixido por Ferran Botifoll e Marien Breis, experimentados actores e profesores de teatro. Desde a Escola Municipal de Teatro de Nigrán, onde foron docentes, xurdiu a idea de crear este grupo de teatro, que bautizaron como Denigrantes Comediantes en homenaxe a unha antiga compañía teatral da localidade que levaba o mesmo nome.

DOS MARTÍN TEATRO

Hai uns anos, unha parella de amigos decidiron levar a súa afección un pouco máis aló e crear a súa propia compañía. Nacía así Dous Martín Teatro, unha compañía sen ánimo de lucro constituída para a promoción do teatro amador e a actividade cultural dentro da provincia da Coruña. Sempre se expuxeron novos horizontes e novas propostas escénicas que tentaron achegar ao tecido teatral coruñés, a orixinalidade e a calidade propia.

Esteta
ESTETA

A Escola de Teatro de Taboadela (Asociación Cultural Esteta) nace en setembro do ano 2020 como o desexo dun pequeno grupo de amigos de Taboadela de crear un espazo cultural e aberto dentro do Concello. Un lugar onde se puidese aprender teatro e desfrutar sobre as táboas. En apenas dous anos xa realizamos varias montaxes e percorremos Galicia (e máis aló) mostrando as nosas creacións.

Metatese
METÁTESE

Nace en decembro de 1992 como colectivo cultural que persegue achegar o teatro contemporáneo a todos os públicos; mostrar unha concepción do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, sentimento, lírica… Ao longo deste tempo escenificou obras de teatro en toda a península e en países como Xapón, Rusia, Cuba, Francia, Italia, Arxentina, Perú, Guatemala…; leva a cabo eventos como Son d’aldea; Son de muller; a Mostra de Teatro Internacional de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago…

Noite Bohemia
NOITE BOHEMIA

Fundada en 2008, en A Coruña la Cía de Teatro Noite Bohemia es un referente nacional en lo que se refiere a teatro Clásico, tanto grecolatino como de siglo de oro Español. Ganadora en varias ocasiones del premio nacional de teatro clásico o los Premios Escenamateur “Juan Mayorga” es ahora mismo una de las canteras de nuevos talentos actorales gallegos.

O Catre Teatro
O CATRE TEATRO

Comenzou o seu camiño no ano 1996, como parte da A. C. Alende de As Pontes. No inicio foi dirixida por Jose Luis Prieto Roca, gañador de dous premios Max e varios María Casares, con quen fixemos obras de creación propia, ou do propio JL Prieto. Con Pepablo Patinho (Teatro dos Ghazafellos), descubrimos o teatro de rúa e o circo, embarcándonos no teatro infantil. Dirixidos por Agustín Bolaños na actualidade, sumerxeunos no teatro de xesto e movemento, pero cheas de luz, cor e sentimento.

Oreteiro
ORETEIRO

O noso grupo botou a andar alá polo 2007 dentro da AAVV DO BARBAÑA co nome de BARBAÑÁ. No 2016 constituímonos en Asociación Independente , sen ánimo de lucro e mudamos o nome a ORETEIRO (“rio” en barallete). Empezamos facendo teatro costumbrista de gargallada fácil, agora temos evolucionado cara outro tipo de cousas. Dende fai unhas cantas obras tentamos de, sen deixar de lado o entretemento, facer un teatro mais comprometido. Gústanos achegar o teatro, a risa e a cultura a aqueles lugares de difícil acceso e disfrutamos un montón.

Solo Teatro
SOLO TEATRO

Solo Teatro nace no ano 2013 tras a proposta de Fernando Gabelo (†) de crear unha obra, Solo, que se converteu en todo un éxito na cidade de Ourense e lle deu nome ao grupo. A partir dese momento comezaron unha xira que os levou ata Newark, (EEUU) e percorreron numerosas zonas de toda Galicia. A característica principal era a xuventude dos seus artistas, feito polo cal gañaron en varias ocasións os premios Xuventude Crea na modalidade de teatro.

The-sastre
The-sastre

THE-SASTRE nace no ano 1995 como proxecto integrador tomando ás artes escénicas nas que buscamos crear unha construción global do propio autoconcepto obedecendo ao conxunto de percepcións, conceptos e imaxes que cada un ten de si mesmo. Constitúese como formación de teatro Amateur para lanzar ás súas producións a nivel global, deixando a súa Escola de Teatro “Caixadesastre” coma escola de introdución ás artes escénicas.