II Xornadas Formativas Feteagal
As xornadas terán lugar os días 5, 6, 7 e 8 de decembro na cidade de Ourense. A presentación celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel. As sesións de docencia desenvolveranse íntegramente no Liceo.
O aloxamento está previsto no Hotel Miño, onde tamén se servirá o almorzo, xa incluído na estadía. As comidas e as ceas realizaranse no Restaurante Miño.
Como parte do programa, os días sábado e domingo ás 19:30 horas organizarase unha saída turística polas rúas do Casco Vello de Ourense, cunha duración aproximada de unha hora cada día.
A docencia correrá a cargo de Melania Cruz e Tito Asorey.
Calquera dúbida podes contactar no mail: formacion@feteagal.es
OPCIÓN A
Socios Feteagal/Escenamateur
200€
OPCIÓN B
Socios Feteagal/Escenamateur
120€
OPCIÓN C
Público Xeral
320€
OPCIÓN D
Público Xeral
170€
Os prezos son por asistente.
No momento de inscribirse vai precisar o xustificante de pago.
Nº Conta: ES03 3070 0043 0062 8163 5729
Concepto: Nome completo